miércoles, 1 de junio de 2011

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Este ano fumos a Mesía a visitar a "Aula da Natureza" e a " Casa grande de Xanceda". Na primeira vimos unha lagoa que tiña moitas rás, patos reais, anduriñas, libélulas e outros animais; despois visitamos o museo do barro e fixemos figuriñas con el.
Na segunda visita vimos unha granxa onde se fan iogures e queixos ecolóxicos, dimos de mamar aos becerriños, de comer as cabras, ovellas e ponis e saltamos no parque de pacas.
Comimos nun restaurante.
Foi moi divertido

ANIVERSARIOS

Esta primavera tivemos varios aniversarios na nosa clase: o de Izan, o de Samuel e o de Roque. Os tres nos trouxeron uns doces riquísimos e nós cantamoslles o "cumpreanos feliz".
Parabéns a todos

lunes, 11 de abril de 2011

O LIBRO DOS ANIMAIS

Entre todos fixemos un libro de animais, cada un fixo dúas follas onde van as características,unha foto e un debuxo.

AGASALLOS PARA OS PAPÁS

Fixemos unhas billeteiras para o día do pai que nos quedaron moi bonitas.

ENTROIDO 2011




Este ano os nenos/as e profes  do noso cole fumos disfrazados das Civilizacións Antigas. Os do 1º Ciclo ibamos de exipcios e ata levabamos pirámides.

miércoles, 6 de abril de 2011

CUMPLEANOS DE SAÚL

   O 27 de febreiro, Saúl cumpliu 7 anos e convidounos cunha bica e un biscoito que nos encantaron.
   Coincidiu coa semana do Meco. Non se nota?

   Moitas felicidades Saúl

AS NOSAS CASIÑAS


    En Coñecemento do medio estudamos os distintos tipos de vivendas e nós cao axuda dos nosos papás e mamás fixemos unhas casiñas con cartóns e outros materiais que podedes ver nestas fotos.